Descubre as modernas e completas instalacións de Marzo Saúde.
Instalacións
Para nós é importante que durante o tratamento te sintas nun ambiente acolledor e tranquilo. Desta maneira encóntraste máis receptivo e o tratamento é máis efectivo.
O equipo de Marzo Saúde traballa con diferentes empresas da terceira idade ás que ofrecemos os nosos servizos nas súas propias instalacións para causar as mínimas molestias aos residentes. Tamén facemos desprazamentos a domicilio naqueles casos nos que así nolo require o doente. Para iso contamos cunha importante selección de material e coas mellores máquinas portátiles.
É un servizo que tamén ofrecemos no propio domicilio para aqueles enfermos que así o demanden.
A parte do Spa está equipada con saunas de vapor e calor, ducha escocesa, baño turco, sauna finlandesa, jacuzzi, zona de relaxación e ducha de chorros que inclúe cabina individual de sauna. Tamén ofrecemos distintos tipos de masaxes terapéuticas, así como a aplicación de barros, algas e fangos.
Nesta sala realizamos as primeiras consultas. É onde facemos a historia do paciente, así como as probas de avaliación necesarias. Distínguese ben, xa que conta coa tecnoloxía máis avanzada para o estudo das patoloxías; incluíndo o elemento diferenciador que nos caracterizou estes anos, o ecógrafo.
Sala de tratamento
Son salas que están deseñadas para permitirche un tempo de máxima tranquilidade e relaxación no tratamento. Ademais do deseño e a luz, a sala é apta para a realización de exercicio terapeútico.
Conta con aparatos Tens, EMS, Drenaxe linfática, lámpada de infravermellos, onda de choque, tecarterapia, microonda, magnetoterapia, todo tipo de vendaxes, laser, EPI, EPTE, agullas de punción seca e acupuntura, ganchos e por suposto unhas confortables padiolas.
En Marzo Saúde contamos cos tratamentos máis demandados na actualidade: a Radiofrecuencia, as ondas de choque e a presoterapia entre outros. Así como os tratamentos estéticos clásicos.