A Filosofía que move a Marzo Saúde é a da cooperación e a nekkira continua.

Por elo, parte dos beneficios son destinados a un fin social que contribúa a crear unha sociedade máis igualitaria.

Que é Marzo Saúde?

Marzo Saúde nace en Castroverde ( Lugo) coma unha clínica de fisioterapia en marzo do ano 2010. Dirixida polos irmáns José Luis e Jesús Valiño Castedo e Isabel Cabado Peña, un grupo de profesionais multidisciplinar, expertos no sector deportivo e sanitario.

O seu propósito é o de diversificar os servizos iniciais incorporando unha área de enfermería, podoloxía e rehabilitación, desde o que se da resposta ás demandas da veciñanza de Castroverde e arredores. O proxecto non acabou aquí, xa que ademais decidimos poñer en marcha un ximnasio e SPA.

O noso carácter dinámico e emprendedor levounos a organizar e impartir cursos de formación bonificables da Fundación Tripartita, sendo recoñecidos para seleccións na función pública. Ademais, desenvolvemos un programa de prácticas internacionais coa prestixiosa Universidade de Aveiro ( Portugal) que ofrece a fisioterapeutas licenciados a posibilidade de traballar nas nosas modernas instalacións.
No 2015, a nosa colaboradora Belén (fisioterapeuta do C.B.Breogán), confía en nós e pasa a formar parte do noso equipo. Deste mesmo xeito, ampliamos a carteira, incorporando diversos clubes deportivos que comezan a confiar nas nosas técnicas máis avanzadas.

Na nosa clínica, a nosa principal preocupación é a túa recuperación. Estamos aquí para que mellores e volvas canto antes ao traballo ou ás túas actividades de lecer.

Queremos axudarche a alcanzar os teus obxectivos. Somos fisioterapeutas, enfermeiros e podólogos que te atenderemos de forma personalizada e adaptada ao teu estado de saúde, o que significa menos visitas e mellores resultados.

Como profesionais, comprometémonos a estar á última na selección de tratamentos e de técnicas que che ofrecemos para recuperarte, e como doente dámosche a responsabilidade ( posibilidade) de que participes nas decisións que afectan a túa saúde. Sempre che explicaremos por qué facemos as cousas, de maneira que participes activamente na toma de decisións.

Baseamos as nosas decisións en cinco piares: (1) A mellor evidencia científica publicada, (2) a mellor evidencia clínica dispoñible, (3) as preferencias dos nosos doentes, (4) a mellor e máis novidosa formación para aplicar na túa patoloxía, e (5) as técnicas máis actuais aplicadas con criterio clínico.

Os servizos que prestamos desde as instalación de Marzo Saúde pódense dividir en 4 grandes grupos: fisioterapia, podoloxía,enfermería e ximnasio spa. Tamén organizamos actividades deportivas fóra da clínica como Pilates, MarZomba e Ximnasia, así como fisoterapia, enfermería e podoloxía a domicilio.
O noso centro é ben recoñecido entre as diversas entidades sanitarias e recomendado polos médicos de varias especialidades.

Ademais, parte dos beneficios son destinados a fins sociais e eventos deportivos que contribúen a crear unha sociedade máis igualitaria.


Prestamos unha atención persoal e especializada en calquera tipo de dor ósea ou muscular. Os servizos máis demandados son aqueles relacionados coa fisioterapia deportiva, traumatolóxica e ortopédica. Dentro deste apartado atópanse as lesións máis comúns, entre as que están as torceduras, cargas musculares, tendinite, artrose ou contracturas. Tamén ofrecemos fisioterapia de solo pélvico.

Diferenciámonos por fabricar plantillas ortopédicas que deseñamos a medida nas nosas propias instalacións, tanto para deportistas como para outro tipo de pacientes, sen a necesidade de envialas a clínicas nacionais. Tamén tratamos durezas, callos, ollos de galo ou papilomas, entre outros.


Ofrecemos un amplo servizo de analítica, ademais de tomar as constantes vitais, realizar controis de glucemia, cálculo do índice de masa corporal, curas ou realización de EKG ou espirometrías.

O noso centro deportivo conta cunha completa sala de fitness, co máis moderno equipamento deportivo, elípticas, cintas de correr ou peso libre. Este espazo complétase cun spa dotado con ducha escocesa, baño turco, sauna finlandesa, jacuzzi, zona de relaxación e ducha de chorros, que inclúe cabina individual de sauna. Tamén impartimos clases dirixidas de pilates, aerobic latino e ximnasia de mantemento.


Cita Online

O trato próximo co cliente unido á multitude de actividades e servizos e as facilidades de horario e desprazamento do noso equipo converten a Marzo Saúde na mellor opción para o teu coidado e o do teu corpo.

Cita Online