En Marzo Saúde impórtanos a túa saúde pero tamén queremos que te vexas ben por fora

A Beleza tambén está no exterior

En Marzo Saúde impórtanos a túa saúde, pero tamén queremos que te vexas ben por fora, polo que ampliamos a nosa formación no ámbito da estética no que tamén estamos ao día nas últimas tecnoloxías non invasivas.

Contamos cos tratamentos máis demandados na actualidade: a Radiofrecuencia, as ondas de choque e a presoterapia entre outros.

Especialidades e Tratamentos

Radiofrecuencia
Consiste en aplicar enerxía a través da superficie da derme, mediante un quentamento profundo e controlado que afecte á pel e ao texido celular subcutáneo, provocando a formación de coláxeno, drenaxe linfática e unha mellor circulación.

Tratamento facial: anti-aging, remodelación do óvalo, engurras,  hiperpigmentación
Tratamento corporal: drenaxe linfática, pernas cansadas, celulite, reafirmación de seos, abdome, glúteos, brazos, cicatrices, etc.


Presoterapia
É  un tratamento corporal indicado para reafirmar, tonificar, mellorar a circulación e  aumentar a drenaxe linfática. Tamén está indicada para certas afeccións médicas como a hipertensión ou a diabetes para tratar de promover un mellor fluxo sanguíneo. Pódese aplicar no abdome, brazos e pernas.


Ondas de Choque
Son ultrasóns de alta potencia producidos por un equipo que transmite os seus efectos polo cabezal do manípulo e a través do xel á pel do paciente. Están indicadas para combater a graxa localizada, celulite, estrías e retención de líquidos en diversas zonas do corpo.

Outros Tratamentos
Contamos coas clásicas técnicas de terapia manual ademais da aplicación de algas e barros

Cita Online

O trato próximo co cliente unido á multitude de actividades e servizos e as facilidades de horario e desprazamento do noso equipo converten a Marzo Saúde na mellor opción para o teu coidado e o do teu corpo.

Cita Online