En Marzo Saúde contamos con todo o equipamento básico necesario para detectar calquera tipo de anomalía que sufra o doente

A Túa Saúde Impórtanos

En Marzo Saúde pensamos en todas aquelas persoas que estando sans se preocupan razoablemente do mantemento da súa saúde, de coñecer cales son os seus factores de risco para desenvolver enfermidades frecuentes como cardiovasculares ( hipertensión, colesterol…), metabólicas ( diabete…), etc. Para iso temos persoal de enfermería especializado para a realización de distintas técnicas.

Como profesionais da saúde centrámonos tamén no ámbito da promoción da saúde, incluíndo actividades docentes ( proceso de educación para a saúde), dirixidas tanto a persoas, como a familiares e grupos ou comunidades.
Ademais da experiencia no ámbito deportivo aválanos unha grande experiencia en centros da terceira idade e en urxencias.

É un servizo que tamén ofrecemos a domicilio para aqueles enfermos e enfermas que así  o demanden.

Especialidades e Tratamentos

Toma de Constantes
Determinación de tensión arterial, saturación de osíxeno, glucemias, electrocardiogramas e  espirometrías.

Inxectables e Curas
Realizamos tamén a administración de inxectables e  curas  de diferente consideración (feridas cirúrxicas, úlceras vasculares, úlceras por presión, feridas por traumatismo, etc.)

Laboratorio
Realizamos todo tipo de toma de mostras e análises clínicos ( sangue, urina, feces), así como os tan demandados test de intolerancia alimentaria. Por isto traballamos con laboratorios homologados cun sistema de xestión de calidade certificada.

Cita Online

O trato próximo co cliente unido á multitude de actividades e servizos e as facilidades de horario e desprazamento do noso equipo converten a Marzo Saúde na mellor opción para o teu coidado e o do teu corpo.

Cita Online