Equipo

A Filosofía que move a Marzo Saúde é a de cooperación e a mellora continua.

Por iso, parte dos beneficios son destinados a un fin social que contribúe a crear unha sociedade máis igualitaria.

Marzo Saúde nace en Castroverde (Lugo) como unha clínica de fisioterapia en marzo do ano 2010. Dirixida polos irmáns José Luis e Jesús Valiño Castedo e Isabel Cabado Pena, un grupo de profesionais multidisciplinar, expertos no sector deportivo sanitario. O seu propósito é o de diversificar os servizos iniciais incorporando unha área de enfermería e rehabilitación, desde o que se dá resposta ás demandas dos veciños de Castroverde e arredores. O proxecto non acabou aquí, xa que ademais decicimos poñer en marcha un Ximnasio e SPA.

José Luis Valiño Castedo

Fisioterapeuta Col. 1364
Máster en Dirección de Empresas
Máster en Prevención de Riscos
Experto en Terapia Acuática
Experto en Xeriatría
Experto en Deportiva
Experto en Fisioterapia Invasiva
Formado en Maitland, McConnell, Mulligan e McKenzie
Formado en Ecografía

Jesús Valiño Castedo

Enfermeiro Col 3536
Fisioterapeuta Col. 1556
Podólogo Col: 814
Máster Enfermería Deportiva Rey Juan
Carlos Master Biomecánico U. Sevilla
Experto en Fisioterapia Invasiva
Experto en Ecografía do aparello locomotor.

Mª Carmen Rodríguez Fernández

Xerente de compras de Administración e Xestión de Recursos
Directora de banca
Empregada en asesoría

O trato próximo co cliente xunto coa multitude de actividades, servizos e instalacións e facilidade de horarios e desprazamentos do noso persoal, converte a Marzo Saúde na mellor opción para o coidado do teu corpo.

Whatsapp
Ir o contido