Marzo Saúde, somos especialistas en calquera tipo de dor ósea ou muscular, sendo a fisioterapia deportiva, a traumatolóxica e a ortopédica as nosas especialidades
Servizos de Fisioterapia
Tratamos todo tipo de dores musculares e óseas, como poden ser lumbalxias, ciáticas e artrose. Contamos ademais con numerosas terapias e tratamentos como a drenaxe linfática, as masaxes, a vendaxe neuromuscular, a acupuntura, a punción seca e a fisioterapia de solo pélvico, entre outros. Socios da Sociedade Española contra a Dor.
Marzo Saúde actúa ademais como fisioterapeuta de empresa, co obxectivo de aconsellar sobre a mellor forma de traballar, asà como para evitar futuras lesións no ámbito laboral. Somos técnicos de prevención de riscos en 3 especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomÃa e psicosocioloxÃa aplicada, destacando nesta última. Estes servizos ofrécense na propia empresa, polo que trasladámonos ao lugar de traballo para coñecer in situ a forma de desenvolver a túa actividade.
Especialidades e Tratamentos
EPTE® Electrolise Percutánea Terapéutica
EPI® Electrolise Percutánea Intratisular
EcografÃa Musculoesquelética
Fisioterapia Invasiva
Tecarterapia
Drenaxe Linfática
Electroterapia
Fisioterapia Xeriátrica
Fisioterapia Pediátrica.
Fisioterapia Traumatolóxica e ortopédica.
Fisioterapia Respiratoria e Cardiaca.
Ondas de Choque
O traballo realizado coas ondas de choque está baseado non só na nosa evidencia clÃnica, senón nunha evidencia cientÃfica que contrastamos continuamente para mellorar as patoloxÃas que nos atinxen.
Os seus principais beneficios son o rápido alivio da dor e restauración da mobilidade. Isto conxugado a ser unha terapia non cirúrxica, sen necesidade de analxésicos, fai que sexa unha terapia ideal para acelerar a recuperación e sandar diversas indicacións que causan dor aguda ou crónica.
Fisioterapia Neurolóxica.
O ter traballado en hospitais, centros de saúde, centros da terceira idade e urxencias mostrounos os diferentes estados e os tratamentos.
Fisioterapia Deportiva
Para isto melloramos en 2015 contando con Belén, fisioterapeuta do C.B.Breogán, dando asà o pulo para chegar a ser referentes neste eido.
Ademais, contamos cun ximnasio con todo os aparatos necesarios para a recuperación e a readaptación deportivas, tan necesarias para que os nosos atletas estén listos para a competición.