Ximnasio

En Marzo Saúde contamos cun ximnasio deportivo equipado cunha ampla gama de aparatos para levar a cabo actividades

Ximnasio

En Marzo Saúde temos un ximnasio deportivo equipado cunha ampla gama de dispositivos para realizar actividades cardiovasculares e outras especialidades relacionadas coa actividade física. O centro deportivo conta cun completo ximnasio: elípticas, cintas de correr, Sumit ou pesos libre, así como bicicletas e remo informatizados onde se pode competir con outra parella ou con usuarios de Internet.

Tamén contamos con máquinas isoinerciales (traballo excéntrico) para a recuperación e a posta a punto da nosa clientela.

É un espazo deseñado específicamente para axudar a ter un estilo de vida saudable, co fin de lograr os seus obxectivos (estilo de vida activo, ganar masa muscular, perder peso ou recuperarse dunha lesión). Así ocupámonos de elaborar táboas e rutinas personalizadas para cada usuario/a, e tamén exercicios para grupos, entre os cales están as actividades dirixidas: Pilates (colectivo ou individual), MarZomba (aeróbico latino), ximnasio e mantemento. Son actividades que se ofrecen no noso centro ou no exterior, para os grupos, municipios ou asociacións que nos contraten.

Por último, organizamos constantemente outras actividades deportivas de balde para todas e todos aqueles que queiran participar. Así, temos un grupo de atletas cos que participamos no “Corre con nós” lucense e outras carreiras non só por Galicia e de distintas distancias. Promovemos saídas en bicicleta para as fins de semana e realizamos clases de demostración de Pilates e MarzomBa, entre outras actividades deportivas.

O trato próximo co cliente unido á multitude de actividades e servizos e as facilidades de horario e desprazamento do noso equipo converten a Marzo Saúde na mellor opción para o teu coidado e o do teu corpo.

Whatsapp
Skip to content