Na nosa clínica, a nosa principal preocupación é a túa recuperación. Estamos aquí para que mellores e volvas canto antes ao traballo ou ás túas actividades de lecer.
Queremos axudarche a alcanzar os teus obxectivos. Somos fisioterapeutas, enfermeiros e podólogos que che atenderemos de forma personalizada e adaptada ao teu estado de saúde, o que significa menos visitas e mellores resultados.
Como profesionais, nós comprometémonos a estar á última na selección de tratamentos e de técnicas que che ofrecemos para recuperarche, e como paciente, dámosche a responsabilidade de que participes nas decisións que afectan á túa saúde. Sempre che explicaremos por que facemos as cousas, de maneira que participes de maneira activa na toma de decisións.
Baseamos as nosas decisións en cinco piares: (1) A mellor evidencia científica publicada, (2) a mellor evidencia clínica dispoñible, (3) as preferencias dos nosos pacientes, (4) a mellor e máis nova formación para aplicar na túa patoloxía, e (5) as técnicas máis actuais aplicadas con criterio clínico.
Os servizos que prestamos desde as instalacións de Marzo Saúde pódense dividir en 4 grandes grupos: fisioterapia, podoloxía, enfermería e ximnasio spa. Tamén organizamos actividades deportivas fose da clínica, como pilates, marzomba e ximnasia así como fisioterapia, enfermería e podoloxía a domicilio.
O noso centro é ben recoñecido entre as diversas entidades sanitarias e recomendado polos médicos de varias especialidades.
Ademais, parte dos beneficios son destinados a fins sociais e eventos deportivos que contribúen a crear unha sociedade máis igualitaria.