Os teus pés nas nosas mans Marzo Saúde 

Servizos de Podoloxía

En Marzo Saúde dispoñemos dun amplo gabinete de podoloxía destinado á prevención, diagnóstico e tratamento dos problemas e enfermidades dos pés.

A podoloxía ofrece un servizo especializado para dar solucións aos problemas dos pés e a problemas doutras partes do corpo que derivan de ditas enfermidades ( costas, xeonllos…).

O campo de actuación do podólogo é moi amplo, intentando dar solucións a problemas da pel, ósos, articulacións, etc.

Ademais o noso equipo traballa con diferentes empresas da terceira idade para as que ofrecemos os nosos servizos nas súas propias instalacións para ocasionar as mínimas molestias aos residentes. Tamén facemos desprazamentos a domicilio para aqueles casos nos que os pacientes así o requiran. Para iso contamos cunha importante selección de materiais coas mellores máquinas portátiles.

Especialidades e Tratamentos

Quiropodias
Tratamento de durezas (hiperqueratose), Tratamento de calos (helomas), etc

Podoloxía Dermatolóxica
Tratamento de papilomas, onicomicose (fungos nas unllas), pé de atleta, etc.

Unllas Encarnadas
Tratamento e aplicación de correctores para onicocriptose (unllas encarnadas ou cravadas).

Podoloxía Deportiva
Co obxectivo de mellorar o rendemento do deportista e previr lesións especializámonos na podoloxía deportiva.


Ortese Plantares
Realización de orteses de silicona (correctores e/ou protectores de silicona para xoanetes, dedos en garra, dedos en martelo, etc).

Realización de orteses plantares (soletas-plantillas). Dispoñemos de taller propio para a confección de soletas. Deportistas de élite de distintas disciplinas aválannos.

Podoloxía Diabética
Os propios pés das persoas con diabetes son un punto  diana de alteracións que produce a propia enfermidade. Na nosa clínica contamos cos coñecementos, infraestrutura e aparatoloxía necesarios para tratar e coidar os pés das persoas diabéticas.

Baseándonos nestes coñecementos centrámonos en insistir en revisións periódicas nas que detectamos e tratamos o pé de risco, ademais de pautar unha serie de consellos para o coidado do pé.

Podoloxía Infantil
Revisións de pés en nenos e o seu crecemento para previr futuros problemas nos pés que poidan ocasionar certas molestias e desenvolver malformacións.
Somos especialistas en exploración biomecánica infantil: esencial para decidir se a nena/neno necesita ou non tratamento.

En caso afirmativo, o tratamento que ofrecemos é un tratamento global, multidisciplinar, baseado en soletas personalizadas, deseñadas con materiais innovadores adaptados ao peso, mobilidade e deporte do neno/a, pero complementado con fisioterapia infantil, programa de estiramentos musculares, recolocación postural, así como consellos básicos para o calzado, plan de adestramento, se é preciso.

Valoración da Marcha
Valoración en estática e en dinámica cun banco de marcha de cinco metros  computerizado. Tratamento de alteracións da marcha e recomendación específica do calzado axeitado.

Realizamos análise biomecánico: pés planos, pés cabos, valgos, metatarsalxias ou espolóns calcáneos entre outros.

Cita online

O trato próximo co cliente unido á multitude de actividades e servizos e as facilidades de horario e desprazamento do noso equipo converten a Marzo Saúde na mellor opción para o teu coidado e o do teu corpo.

Cita online