XIMNASIA DE MANTEMENTOalvaro2016-07-21T08:40:43+01:00
En Marzo Saúde contamos cun ximnasio deportivo equipado cunha ampla gama de aparatos para a realización de actividades
Realízase en grupos reducidos.
Actividade na que se traballa e desenvolven as capacidades e habilidades físicas necesarias para a saúde e actividade deportiva. É unha clase de baixo impacto, que combina movementos para mellorar aspectos básicos coma a resistencia funcional, a forza, a coordinación, a mobilidade articular e o equilibrio. Apta para todas as persoas e idades.
O trato próximo co cliente unido á multitude de actividades e servizos e as facilidades de horario e desprazamento do noso equipo converten a Marzo Saúde na mellor opción para o teu coidado e o do teu corpo.