Preguntas frecuentes
Canto custa a primeira cita de fisioterapia?
A primeira cita custa 75 € e as sesións seguintes, 45 €.
Canto custa unha sesión de bomba diamagnética?
50 € por sesión.
Canto custa a consulta de podoloxía?
25 €.
Como pido cita?
Por WhatsApp ou chamando ao 636 47 85 14.
Que horario tedes?
De luns a venres, de 8:00 a 14:00 e de 15:15 a 22:00. Sábados, domingos e festivos, pechado.
Onde estades?
Na Rúa Rosalía de Castro, 49, baixo, en Castroverde (Lugo). Temos aparcamento propio e tamén se pode aparcar gratis na rúa.
Fai falta volante do médico?
Non, non fai falta volante médico.
Traballades con mutuas ou seguros?
Non, non traballamos con mutuas.
Que teño que levar á primeira cita?
Toda a documentación que teñas sobre a túa lesión ou patoloxía: informes, probas e tratamentos anteriores.
En que idiomas atendedes?
En galego, castelán e inglés. Tamén entendemos o portugués.
