En Clínica Marzo Saúde temos bomba diamagnética CTU Mega 20. É un aparello non invasivo que traballa con campos magnéticos pulsados de alta intensidade e baixa frecuencia. Usámola sobre todo cando hai inflamación, edema ou hematoma, e como complemento para a recuperación de lesións, sempre dentro dun tratamento de fisioterapia.
Bomba diamagnética en Castroverde (Lugo)

Como funciona?
- Move os líquidos dos tecidos: a auga do corpo reacciona ao campo magnético (efecto diamagnético) e iso axuda a drenar edemas, hematomas e inflamación.
- Sen calor e sen agullas: non notas correntes na pel nin se quenta a zona.
- Actúa en profundidade e pódese aplicar mesmo sobre unha vendaxe ou unha escaiola.
- Axuda a controlar a dor e favorece a recuperación dos tecidos.
En que casos a usamos?
- Escordaduras, roturas musculares, tendinites e sobrecargas.
- Inflamación e hematomas tras golpes ou fracturas.
- Recuperación despois dunha cirurxía.
- Dor de costas: hernia discal e ciática.
- Artrose e outras dores articulares crónicas.
Non é un tratamento illado: combinámola con terapia manual e exercicio segundo o que precises.
Como é a sesión?
- Un fisioterapeuta valórate e decide se a bomba diamagnética é axeitada para ti.
- Estás deitado ou sentado, cómodo e vestido; o cabezal colócase sobre a zona que hai que tratar.
- A aplicación dura como máximo 40 minutos e non doe.
- O número de sesións depende da lesión: dicímoscho despois de valorarte.
Cando non se pode usar?
Non aplicamos bomba diamagnética en caso de embarazo, marcapasos ou outros dispositivos electrónicos implantados, tumores malignos, en nenos sobre cartilaxes de crecemento, nin preto de materiais ferromagnéticos. Se tes dúbidas, coméntao na valoración.
Prezo
Sesión de bomba diamagnética: 50 €. Se é a túa primeira cita na clínica, aplícase o prezo da primeira cita (75 €), que inclúe a valoración.
Preguntas frecuentes
Doe?
Non. É indolora e non xera calor.
Necesito volante médico?
Non. Trae os informes e probas que teñas.
Podo pedir só a bomba sen valoración?
A primeira vez sempre te valora un fisioterapeuta, para comprobar que é axeitada para o teu caso.
Pódese aplicar con escaiola ou vendaxe?
Si, o campo magnético atravesa a vendaxe e a escaiola.
Traballades con mutuas?
Non traballamos con mutuas.
Queres saber se a bomba diamagnética che pode axudar? Pide cita e valorámoste.
