Ecografía e tratamentos ecoguiados

Ecografía musculoesquelética e fisioterapia ecoguiada en Castroverde (Lugo)

En Clínica Marzo Saúde usamos a ecografía musculoesquelética na propia consulta de fisioterapia. Permítenos ver en tempo real como están os teus músculos, tendóns e ligamentos, e aplicar algunhas técnicas coa precisión que dá ter a imaxe diante. Todos os nosos fisioterapeutas están formados en ecografía e en técnicas ecoguiadas.

Ecografía musculoesquelética

Para que usamos a ecografía en fisioterapia?

  • Valorar a lesión: ver o estado do tendón, o músculo ou o ligamento e comparalo co lado san.
  • Seguir a túa evolución: comprobar sesión a sesión como responde o tecido ao tratamento.
  • Guiar técnicas invasivas: chegar exactamente á zona que hai que tratar.
  • Explicarche que che pasa: ves a ecografía na pantalla durante a sesión e entendes mellor o teu problema e o teu tratamento.

A ecografía en fisioterapia é unha valoración funcional. Non substitúe o diagnóstico médico: se vemos algo que o precise, dirémoscho e orientarémoste.

EPI, electrólise percutánea intratisular

Tratamentos ecoguiados

Coa ecografía guiamos a agulla en técnicas como:

  • Punción seca de puntos gatillo miofasciais.
  • EPI (electrólise percutánea intratisular), sobre todo en tendinopatías.
  • EPTE (electrólise percutánea e neuromodulación).
  • Neuromodulación percutánea de nervios.

Ver a agulla e a estrutura na pantalla permítenos ser máis precisos e evitar estruturas sensibles como vasos e nervios. Se o teu caso o precisa, tamén se fan infiltracións ecoguiadas, sempre realizadas por un médico.

En que problemas é útil?

  • Tendinopatías: rotuliana, aquílea, epicondilite (cóbado de tenista) e ombreiro (manguito rotador).
  • Roturas fibrilares e lesións musculares.
  • Fascite plantar.
  • Escordaduras e lesións de ligamentos.
  • Seguimento da recuperación tras lesións deportivas.

Como é a sesión?

  1. Preguntámosche polo teu problema e revisamos os informes e probas que traias.
  2. Facemos a exploración e a ecografía da zona.
  3. Explicámosche o que vemos e propoñémosche o tratamento.
  4. Se fai falta unha técnica ecoguiada, explicámoscha antes e só a facemos co teu consentimento.

Prezo

A ecografía e as técnicas ecoguiadas forman parte da sesión de fisioterapia, sen custo engadido: 75 € a primeira cita e 45 € as sesións de seguimento.

Preguntas frecuentes

Necesito volante médico?
Non. Só trae os informes e probas que teñas.

Doe a ecografía?
Non. É indolora: só notarás o xel e a sonda sobre a pel.

E as técnicas con agulla?
Podes notar unha molestia breve durante a técnica. Explicámosche que vas sentir antes de comezar.

Lévome un informe da ecografía?
Non entregamos informe ecográfico: a ecografía usámola para valorar e guiar o teu tratamento, e vela en directo durante a sesión.

Traballades con mutuas?
Non traballamos con mutuas.

Tes unha lesión que non remata de mellorar? Pide cita e valorámola.

Whatsapp
Ir o contido