Un mal paso e o nocello inchase. O esguince de nocello é a lesión máis común no deporte, pero tamén baixando un bordo.
As primeiras 72 horas:
- Protexe o nocello e apóiao segundo tolere a dor.
- Eleva a perna para que baixe a inchazón.
- Múevelo suavemente dentro do que non doa: o repouso absoluto alonga a recuperación.
Vai antes ao médico se non podes apoiar o pé nin dar catro pasos, ou se doe moito ao tocar o óso: hai que descartar unha fractura.
Como che axudamos: na clínica traballamos a mobilidade, a forza e o equilibrio para que non se repita. Coa bomba diamagnética axudamos a drenar a inchazón desde os primeiros días, sen dor e incluso con vendaxe.
Un esguince mal recuperado é a causa número un do seguinte. Pide cita e valorámolo.


