Fascite plantar: causas e tratamento en Castroverde

Se ao pousar o pé pola mañá notas unha punzada no talón que se suaviza ao camiñar un pouco, é moi probable que teñas unha fascite (ou fasciopatía) plantar. É unha das causas máis frecuentes de dor de talón, tanto en quen corre como en quen pasa moitas horas de pé.

Por que pasa? A fascia plantar é unha banda de tecido que vai do talón aos dedos. Cando recibe máis carga da que pode asumir (máis horas de pé, máis quilómetros, un calzado que xa non amortigua, uns quilos de máis), irrítase na súa unión co talón.

O que podes facer na casa:

  • Baixar a carga uns días sen deixar de moverte.
  • Usar un calzado con boa amortiguación, tamén dentro da casa.
  • Facer exercicios de forza do pé e da perna, que son a base do tratamento.

Como a tratamos en Marzo Saúde: primeiro valoramos o pé e a pisada, co podólogo se fai falta. Despois combinamos exercicio adaptado a ti, terapia manual e, cando convén, a onda de choque diamagnética, que non doe durante a sesión, ou EPI guiada por ecografía nos casos que non melloran.

Levas semanas con dor de talón? Pide cita e valorámolo.


Whatsapp
Ir o contido