A dor na parte da fronte do xeonllo ao saltar ou subir escaleiras, ou no tendón de Aquiles ao comezar a correr, adoita ser unha tendinopatía. Antes chamábase «tendinite», pero case nunca hai unha inflamación pura: o tendón perdeu capacidade para aguantar a carga.
Por que o repouso non basta: parar do todo calma a dor, pero o tendón debilítase, e ao volver dóe outra vez. O que de verdade funciona é cargar o tendón de forma progresiva con exercicios ben dosificados.
Como o tratamos:
- Con ecografía vemos como está o tendón e comparámolo co do outro lado.
- Pautámosche un programa de exercicio de forza adaptado ao teu deporte ou ao teu traballo.
- Se o tendón non responde, engadimos EPI ou EPTE guiadas por ecografía para estimular a súa reparación.
Canto antes se trata, máis curta é a recuperación.


