Cada vez máis fisioterapeutas usan a ecografía na consulta. En Marzo Saúde todos os nosos fisioterapeutas a utilizan. Pero que ven exactamente?
O que si podemos ver: músculos, tendóns, ligamentos e algunhas bursas e nervios, e como se moven en tempo real. Por exemplo, se un tendón está máis grosos que o do outro lado, ou se unha rotura muscular está cicatrizando ben.
O que non facemos: a ecografía do fisio é unha valoración funcional, non un diagnóstico médico. Non substitúe as probas que pida o teu médico. Se vemos algo que o necesite, dicímoslo e orientámoste.
Por que axuda:
- Ves na pantalla que che pasa, e iso axuda a entender o tratamento.
- Podemos seguir a túa evolución dunha sesión a outra.
- As técnicas con agulla, como a punción seca ou a EPI, son máis precisas guiadas pola imaxe.
Máis información na nosa páxina de ecografía e tratamentos ecoguiados.

